Hoxe, os membros da Microrrede reunímonos para facer a última achega da exposición: EscribirArte na Mariña.
Un total de 16 obras moi orixinais e con diferentes técnicas expostas e un traballo colaborativo que agardamos que sexa do voso agrado
As obras que aí se presentan transpasan as paredes da sala de
exposición. Grazas á linguaxe dos códigos QR, achegan o/a visitante a temáticas dispares traballadas nos proxectos .
A exposición estará aberta ao público no salón multiusos do Concello de Viveiro de 18h a 20h do 8
ao 11 de maio.
Lembrade, inauguramos o próximo Luns ás 18:30h. Esperámosvos!