Na tarde do martes, 18 de abril, compoñentes da Microrrede, reunímonos para ultimar todos os preparativos necesarios para a realización da exposición conxunta do proxecto deste curso: EscribirARTE na Mariña.
Cada centro presentará un "cadro artístico" que se exporá no Teatro Pastor Díaz do Concello de Viveiro, durante a semana do 8 ao 11 de maio, en horario de 18:00 a 20:00 horas. Esta exposición tamén se poderá realizar noutros Concellos da Mariña.
Na tarde de onte tamén acordamos os diferentes actos que acompañarán á Exposición e que se recollerán nun programa que será divulgado a través das comunidades educativas de cada centro.
- Inauguración e Clausura coas autoridades que nos acompañan ano a ano.
- Actividades dinamizadoras:
- Con escritores recoñecidos.
- Participación do Conservatorio de Música de Viveiro
- Os centro educativos tamén serán protagonistas en cada xornada da exposición con diversas actuacións musicais, de representación, dramatización, contacontos,...
É moita a ilusión posta neste proxecto, cunha novidade este ano, un traballo que se fixo con moto cariño e foi rotando de centro a centro para que o día da exposición o poidades disfrutar en conxunto. Que ganas de que o vexades!
Seguimos a traballar nos centros para rematar todas as actividades de cada un dos proxectos que seguro serán moi creativos e vistosos.