Páginas

25/10/22

A microrrede escribe unha nova folla de ruta: Comezamos!

O martes, 25 de outubro, reunímonos integrantes da Microrrede A Mariña para dar comezo a un novo proxecto, sendo este o duodécimo. 

A reunión realizada tanto por vía telemática como presencial, realizouse en primeiro lugar para facer unha achega aos novos e novas integrantes, así como guiar o proceso de construción do novo proxecto.

O obxectivo central desta nova edición é remarcar o valor da escrita: para saber, para aprender, para comunicar e comunicarnos. A escrita como estímulo da creación, como guión, como post fixo para visibilizar do que ninguén fala e incluír o excluído. O papel da escrita é tan importante para coñecernos entre todxs, que este ano, ese será, o obxectivo da microrrede: Unir as nosas verbas á par que os centros. Cada centro poderá adaptar este obxectivo ao seu PDI ou a outros proxectos. 

Acordamos tamén o formato de presentación da exposición conxunta, as datas da mesma e de outras tarefas internas que se incluirán dentro do proxecto.

No vindeiro trimestre teremos outra reunión na que actualizaremos o proceso de creación e ultimaremos todos os detalles polo miúdo.

Moito ánimo e saúde!