Páginas

8/4/22

REUNIÓN DA MICRORREDE A MARIÑA

 


Na tarde do xoves, 7 de abril, compoñentes da MICRORREDE, reunímonos para ultimar todos os preparativos necesarios para a realización da exposición conxunta do proxecto deste curso: A VOLTA COAS PALABRAS".

Cada centro presentará un "cadro artístico" que levará incluídos códigos QR que nos dirixirán á actividade realizada por cada centro escolar.

A Exposición será na Sala de Usos Múltiples do Concello de Viveiro, durante a semana do 9 ao 13 de maio, en horario de 18:00 a 20:00 horas. Esta exposición tamén se poderá realizar noutros Concellos da Mariña.

O Cartel anunciador da exposición estase elaborando a través de Departamento Artístico do IES Monte Castelo de Burela e xa por cuarto ano consecutivo.

Na tarde de onte tamén acordamos os diferentes actos que acompañarán á Exposición e que se recollerán nun programa que será divulgado a través das comunidades educativas de cada centro.

  • Inauguración e Clausura coas autoridades que nos acompañan ano a ano.
  • Actividades dinamizadoras:
    • Con  escritores recoñecidos.
    • Participación do Conservatorio de Música de Viveiro
    • Os centro educativos tamén serán protagonistas en cada xornada da exposición con diversas actuacións musicais, de representación, dramatización, lecturas, contacontos...

É moita a ilusión posta polo coordinador e coordinadoras que integramos a MICRORREDE.  Despois deste dous anos últimos de moitas dificultades queremos volver á normalidade pero con moitas precaucións.

Seguiremos informando. Agora toca traballar nos centros para rematar todas as actividades de cada un dos proxectos que seguro serán moi creativos e vistosos.