Páginas

11/6/21

CLAUSURA DA EXPOSICIÓN, curso 20-21

 Hoxe poñemos punto e seguido... á "Exposición conxunta" deste curso tan diferente,  no que puxemos en valor o traballo dos centros integrados na MICRORREDE A MARIÑA.

O peche final correspondeulle á Xefa Territorial de Educación,  

María Carmen Gueimunde González

OLA!!!

Aproveitarei esta oportunidade que me brindades a través desta canle para trasladar, a toda a familia “Microrrede da Mariña”, o meu eterno agradecemento polo seu traballo no eido educativo a prol da lectura, o saber , a ciencia, a tecnoloxía, as artes ..... e o que é máis importante, a convivencia, a amizade e a solidaridade entre iguais da nosa comarca.

Son xa moitas edicións compartindo a vosa ilusión e o voso compromiso, e non quería deixar de faceros partícipes do meu sentir nun ano que arrincamos con incertidume pero soubestes organizar e superar con esperanza e profesionalidade. Sin vós non se tería feito.

Fostes capaces de retomar os proxectos sin vacilar . De tirar de imaxinación e de recursos para adaptarvos ó novo contexto social sen perder a maxia que circula polas aulas. Mantivestes intacto o espírito de traballo nos alumnos e alumnas dos vosos centros como si o tempo e a pandemia non pasaran por nós. E hoxe nos regalades as conclusións das vosas tarefas que demostran, unha vez máis, que seguides aí....por eles e elas...polo seu benestar emocional e riqueza conceptual....pola EDUCACIÓN.

Perdimos moitos vínculos polo camiño, as fantásticas concentracións nas que disfrutabamos en compañía, pero gañamos en valores que quizais tiñamos algo esquecidos....XUNTOS conseguímolo.....XUNTOS imos polo BO CAMIÑO.

Gracias a “MICRORREDE DA MARIÑA”, gracias ós centros e ó profesorado participante. E gracias aos verdadeiros heroes desta novela educativa que son os nenos e nenas que diariamente nos deron e dan leccións de vida. 

Un abrazo e ata o próximo ano. 

Gracias.!!!!!