Páginas
▼
15/4/21
Encontros PLAMBE 2020-2021
Os vindeiros 15 e 16 de abril celébranse, con formato telemático, os
Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares correspondentes ao
curso 2020/2021, con intervención de persoas expertas en diversos
ámbitos relacionados coas bibliotecas, a lectura, a literatura, a
comunicación, a mediación lectora, a alfabetización mediática e
informacional, a Axenda 2030. Ademais, presentaranse un total de 11
experiencias de centros de moi diverso contido (funcionamento da
biblioteca escolar, Hora de ler, clubs de lectura, traballo por
proxectos, familias na biblioteca escolar e outros). Neste ano de
"Xeografías lectoras", viaxaremos polas posibilidades que ofrece a
biblioteca escolar para a construción da persoa lectora a través das
actividades que programa e os recursos que pon a disposición da
comunidade educativa. Unha ocasión para encontrarnos coa lectura en toda
a súa potencialidade.