Páginas

27/10/19

Comezamos o proxecto para o curso 2019-2020


As coordinadoras das diferentes  Bibliotecas que formamos esta MICRORREDE reunímonos o xoves, 24 de outubro na EEI San Roque de Viveiro para tratar os seguintes puntos da orde do día:
  • Avaliación do proxecto "A Poesía que sentimos. Tomamas nota dalgún aspecto a modificar e mellorar pero en xeral quedamos moi satisfeitas do bo resultado do proxecto.
  • Datas para  o noveno proxecto: Do 11 ao 14 de maio.
  • Lugar das exposicións: Sala da Biblioteca y Multiusos do Concello. O Teatro Pastor Díaz para actos e actividades dinamizadoras.
  • Tema: recollendo a proposta da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia (Biblioteca Escolar, viveiro de cidadanía)
          proponse como título do proxecto  
"CIDADÁNS DA MARIÑA, CIDADÁNS DO MUNDO".
  •  Posta en común de diferentes actividades dinamizadoras
  • Cada centro escollerá o formato  para a presentación dos traballos que terá relación coa igualdade, inclusión, diversidade, valores, dereitos dos cidadáns...
  • Como xa temos por costume na dinámica de traballo, fixemos unha asignación de tarefas tales como a petición de Salas e Teatro, falar con diferentes persoeiros para as actividades dinamizadoras, contactar novamente co Centro Comercial Casco Histórico, co Conservatorio de Música; co IES Monte Castelo para o deseño do cartel, co Concello de Xove para a súa impresión...
  • Seguimos contando coa Asesoría de Bibliotecas Escolares a través da asesora Chelo Gundín quen nos acompañará en vindeiras reunións.
Rematada a reunión, as coordinadoras trasladaremos os acordos aos diferentes claustros e así poñeremos en marcha o noveno proxecto da MICRORREDE A MARIÑA que esperamos sexa moi satisfactorio para todas as Comunidades Educativas.   BO COMEZO!!!