As coordinadoras das diferentes Bibliotecas que formamos esta MICRORREDE reunímonos o xoves, 24 de outubro na EEI San Roque de Viveiro para tratar os seguintes puntos da orde do día:
- Avaliación do proxecto "A Poesía que sentimos. Tomamas nota dalgún aspecto a modificar e mellorar pero en xeral quedamos moi satisfeitas do bo resultado do proxecto.
- Datas para o noveno proxecto: Do 11 ao 14 de maio.
- Lugar das exposicións: Sala da Biblioteca y Multiusos do Concello. O Teatro Pastor Díaz para actos e actividades dinamizadoras.
- Tema: recollendo a proposta da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia (Biblioteca Escolar, viveiro de cidadanía)
"CIDADÁNS DA MARIÑA, CIDADÁNS DO MUNDO".
- Posta en común de diferentes actividades dinamizadoras
- Cada centro escollerá o formato para a presentación dos traballos que terá relación coa igualdade, inclusión, diversidade, valores, dereitos dos cidadáns...
- Como xa temos por costume na dinámica de traballo, fixemos unha asignación de tarefas tales como a petición de Salas e Teatro, falar con diferentes persoeiros para as actividades dinamizadoras, contactar novamente co Centro Comercial Casco Histórico, co Conservatorio de Música; co IES Monte Castelo para o deseño do cartel, co Concello de Xove para a súa impresión...
- Seguimos contando coa Asesoría de Bibliotecas Escolares a través da asesora Chelo Gundín quen nos acompañará en vindeiras reunións.
Rematada a reunión, as coordinadoras trasladaremos os acordos aos diferentes claustros e así poñeremos en marcha o noveno proxecto da MICRORREDE A MARIÑA que esperamos sexa moi satisfactorio para todas as Comunidades Educativas. BO COMEZO!!!