Páginas

14/5/18

O PROXECTO NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN


(La Voz de Galicia)

(La Voz de Galicia)

A prensa recolle as actividades dinamizadoras entorno á exposición conxunta "A Mariña pensando en feminino"


 
El Progreso (04/05/2018)
 
El Progreso (05/05/2018) 

 
 La Voz de Galicia (07/05/2018)

El Progreso (08/05/2018) 

 La Voz de Galicia (08/05/2018)
 La Voz de Galicia (11/05/2018)
La Voz de Galicia (11/05/2018)

11/5/18

Xornada de Clausura da Exposición "A Mariña pensando en feminino"

Na tarde do xoves, 10 de maio, tiveron lugar, na Praza Maior de Viveiro, os actos de clausura da exposición de traballos artísticos elaborados por escolares dos catorce centros que forman parte da Microrrede A Mariña de Bibliotecas Escolares.

As mestras de ceremonia Karina Parga e Eva Lastra, do IES Perdouro e do CEIP de Alfoz respectivamente, fixeron a lectura da clausura e presentaron as diferentes actividades dinamizadoras. Fixeron agradecementos ás familias participantes felicitándoas polos fantásticos traballos presentados en todos os centros.

Asemade tamén agradeceron a asistencia das diferentes autoridades: a inspectora Branca Nazaré Guerreiro e o inspector Faustino Martín, a asesora das Bibliotecas Escolares da zona norte Chelo Guntín.
Como actividades dinamizadoras contamos con:
  • Actuación do coro formado por alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º curso de Primaria, de Alfoz, Celeiro, Galdo, Lois Tobío de Viveiro e o EEI de Viveiro. Cantaron a canción do Maio de Viveiro e A saia da Carolina. Fixéronno moi ben!
  • Actuación das Moreninhas, Érica Gomes Mendes, Raquel Lopes Ramos e Eliane Tavares Mendes, tres rapazas cabo verdianas afincadas en Burela.
  • Encontro coa escritora Rita Morrigan.
  • Visita da escritora Olalla Cociña
VÍDEO RESUMO DA XORNADA

    9/5/18

    Actividade Dinamizadora: TEATRO


    ADALA TEATRO, unha compañía de teatro infantil de Fazouro foi a encargada de dinamizar a terceira xornada da Exposición "A Mariña pensando en feminino".
    A compañía formada por 10 rapazas e rapaces representaron no Teatro Pastor Díaz de Viveiro a  obra: Mamasiña, que medo! de Chus Pereiro.

    Celidonia, bruxa profesional, chega un día a Xalundes, lugar famoso porque nel habita o xigante Xuvenco, que papou ó alcalde, ó garda de tráfico, ó cura... O que non saben as tristes xentes de Xalundes é que o descomunal e aterrecente xigante Xuvenco precisa axuda de contado porque, o pobriño, está doente.
    Axudará a bruxa Celidonia o xigante papón?
    Papará o xigante á bruxa, e á súa comadre Chincha e á súa afillada Chincheta?
    Papará ós lectores desta obriña de teatro?
    Mamasiña, que medo! é unha obra de medo... para morrer de risa.

    Foi unha xornada excepcional!, o teatro ateigado de nenas e nenos acompañados das súas familias disfrutaron da excelente representación a cargo duns fenomenais artistas!



    8/5/18

    Día da Inauguración da exposición conxunta

    E chegou o gran día!, todo estaba preparado e a praza chea de familias dos diferentes centros que conformamos a MICRORREDE.
    Este ano a mestra de ceremonias foi Rebeca Rivas do CEIP Santa Rita de Galdo; ela foi presentando as diferentes actividades e en nome de todos os centros agradeceu ás familias a participación no proxecto. Asemade tamén se deron as gracias ás autoridades alí presentes:
    • Xefa Territorial de Educación: Mariña Gueimunde.
    • Asesora das Bibliotecas Escolares, zona norte: Chelo Guntín.
    • Representante do Equipo de Dinamizacións Lingüística: Pilar Teijeiro.
    • Alcaldesa de Viveiro: María Loureiro.
    No seguinte vídeo podemos ver un pequeno resumo:
    Discurso inaugural;  actuación do coro formado por uns 160 nenas e nenos dos centro de Alfoz, Cervo, Celeiro, Galdo, Covas e María Sarmiento de Viveiro; lectura dun manifesto a cargo da súa autora Andrea Rivas; rematando coa actuación de Guadi Galego e a performance de LAG na canción de Matriarcas.

    NOTICIAS NA PRENSA:


    5/5/18

    Montaxe da Exposición

    Na tarde do venres, 4 de maio, os equipos dos diferentes centros que formamos a MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA, realizamos a montaxe da exposición deste curso:


    Este ano volvimos a contar coa colaboración do Concello de Viveiro pois nos cederon a Sala Multiusos e a Sala de Exposicións da Biblioteca Municipal.
    Na tarde do luns, 7 de maio, daremos comezo coas diferentes actividades que programamos en torno a esta exposición e que rematarán o xoves, 10 de maio.
    A exposición estará aberta en horario de 18:00 a 20:00 horas para o público en xeral; tamén haberá horarios especiais para aqueles colexios e colectivos que o soliciten.