Páginas

2/6/16

“SOÑO CUMPRIDO”

Esta entrada no blog escribiuna Mª Luz Iglesias López, integrante do grupo de biblioteca do CEIP Pedro Caselles Rollán. Son as vivencias dentro do equipo das bibliotecas escolares Microrrede A Mariña, durante estes cinco anos de existencia. 



   Un dos retos para unha mestra é atopar un grupo de compañeiros e compañeiras que leven a cabo propostas de traballo colaborativo; e eu atopeino no equipo da Microrrede da Mariña, en busca de fórmulas para motivar e implicar as comunidades do noso entorno no labor educativo do alumnado dos centros de ensino da Mariña.
   A Microrrede da Mariña constituíuse despois dunhas xornadas de Bibliotecas Escolares e tentamos que sexa un axente dinamizador e transmisor de valores culturais.
   Este último curso 2015-2016, como membro da Microrrede da Mariña, vivín una  experiencia inolvidable onde o traballo en equipo, as ganas de potenciar a literatura, a superación de dificultades, a autoavaliación e as propostas de mellora, reinaron nas reunións dende setembro ata maio.
   “OS SOÑOS DE MANUEL MARÍA” permitíronnos dinamizar as comunidades educativas arredor do gran escritor galego e provocaron a aparición de máis membros integrantes para a Microrrede da Mariña.
   Agora xa está composta por 12 equipos de Bibliotecas escolares de centros de ensino de educaciónn infantil, CEP, CEIP e IES.
   Eu tamén vivín un soño dentro da Microrrede da Mariña e agora que me traslado ao interior da provincia de Lugo, tratarei de facelo realidade alí onde me atope; para que outros axentes educativos poidan vivilo coma min.
   Espero que a Microrrede da Mariña se convirta nunha macrorrede porque as condicións nas que se atopa son favorecedoras para que o soño se cumpra.
   Moitas grazas e moita sorte a todas as integrantes da Microrrede da Mariña.

Mª Luz, mestra integrante da Microrrede da Mariña