Comezamos o curso 2011-2012 sendo 7 colexios; no curso 2012-2013 pasamos a ser 9 e agora no curso 2015-2016 xa somos 12.
Incorporáronse o CEIP O Vicedo, o IES Perdouro (Burela) e o IES Illa de Sarón (Xove).
Benvidas a todas as novas coordinadoras!
E tal e como queda recollido no artigo que presentamos á Revista EDUGA: "as posibilidades que ofrece un traballo
colaborativo entre profesionais que se propoñen un mesmo proxecto e
marcan uns obxectivos comúns son moi grandes e enriquecedoras.
Prodúcense resultados de maior calidade e compártense informacións que
conclúen na mellora das aprendizaxes".