Páginas

31/3/16

Posta en marcha do novo proxecto

Estes días os centros integrantes da Microrrede A Mariña están entregando a carta e os materias necesarios para levar a cabo o proxecto deste ano.
A carta levará esta introdución común a todos os centros:

Queridas familias:
Un ano máis queremos propoñer ás comunidades educativas dos centros que formamos a 
“Microrrede das Bibliotecas PLAMBE da Mariña” unha nova actividade, co gallo das celebracións 
nos meses de abril e maio do Día do Libro e Día das Letras Galegas,  que nos recordan a necesidade 
do fomento e dinamización da cultura, entendida como un ben común que propicia unha sociedade máis 
humana, igualitaria, crítica e libre.
  Este curso dita actividade xira en torno ao intelectual lucense, cunha marabillosa e extensa obra, 
  polo que o título non pode ser doutra maneira:
OS SOÑOS DE MANUEL MARÍA
  Ademais dos obxectivos de fomento da lectura, do gusto pola poesía e do pracer polo uso e goce dos libros, 
podemos resumir o obxectivo principal nas palabras do propio autor:


O idioma é a forza,
que nos xungue e sostén.
Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
                             (fragmento de A FALA)                           


Publicacións nos blog dos centro: 

17/3/16

Integrantes da Microrrede

O grupo de integrantes da Microrrede PLAMBE A MARIÑA vai medrando ano a ano.
Comezamos o curso 2011-2012 sendo 7 colexios; no curso 2012-2013 pasamos a ser 9 e agora no curso 2015-2016 xa somos 12.
Incorporáronse o CEIP O Vicedo, o IES Perdouro (Burela) e o IES Illa de Sarón (Xove).

Benvidas a todas as novas coordinadoras!

E tal e como queda recollido no artigo que presentamos á Revista EDUGA: "as posibilidades que ofrece un traballo colaborativo entre profesionais que se propoñen un mesmo proxecto e marcan uns obxectivos comúns son moi grandes e enriquecedoras. Prodúcense resultados de maior calidade e compártense informacións que conclúen na mellora das aprendizaxes".

13/3/16

Participamos no curso organizado polo CFR

Na tarde do xoves, 10 de marzo, a Microrrede A Mariña participou no curso impartido no IES Perdouro de Burela:
 BIBLIOTECA ESCOLAR. Organización e Xestión
Organizado polo CFR (Centro de Formación e Recursos) de Lugo.
No  noso relatorio explicamos o proxecto colaborativo que, dende fai cinco anos, ven levando a cabo a Microrrede das Biblioteca Escolares da Mariña.
As compoñentes da mesma fumos expoñendo os diferentes apartados:
  • Presentación
  • Obxectivos
  • Como o facemos
  • Exposicións dos traballos
  • Actividades dinamizadoras
  • Os nosos Proxectos: 
    • De onte a hoxe...lembrando o pasado
    • Unha primavera de poemas
    • Daqueles contos...a novos finais
    • O refraneiro de Cervo a Viveiro
    • Os soños de Manuel María
  • Os nosos logros