Inauguramos hoxe a Exposición Conxunta :
Refraneiro de Cervo a Viveiro
Refraneiro de Cervo a Viveiro
Nela participan as comunidades educativas e as bibliotecas dos colexios
que configuran a microrrede de bibliotecas de A Mariña. Fixo a apertura M.ª Luz Iglesias López, integrante do grupo de biblioteca do CEIP Pedro Caselles Rollán.
Cada curso aumenta a calidade e cantidade de traballos expostos e, por suposto, das actividades dinamizadoras que acompañan esta exposición.
Cada curso aumenta a calidade e cantidade de traballos expostos e, por suposto, das actividades dinamizadoras que acompañan esta exposición.
- Nesta tarde, o EEI San Roque ofreceunos:
"Cocorico" (Teatrillo
de títeres) a cargo do profesorado.
- Co CEIP Plurilingüe de Santa Rita de Galdo viaxamos cunha maleta cargada de libros para todos e todas. Había libros para os avós, poemas de Rosalía, a ritmo de rap, e arrolos para os máis pequenos.
O
arrecendo das Bibliotecas invadiu a
Sala de Exposicións do Concello de Viveiro.