Páginas

14/5/22

CLAUSURA, CEIP de Celeiro e Conservatorio


Chegou o día da clausura da Exposición Conxunta da MICRORREDE A MARIÑA:

 "A voltas coas palabras"

Foi unha semana intensa con actividades dinamizadoras moi diversas e moi concurridas polas familias e público en xeral.

Na tarde do venres, 13 de maio, actuaron o Coro do CEIP de CELEIRO e o Grupo de Guitarras do Conservatorio de Música de Viveiro.

A mestra de ceremonias foi Karina Parga e o discurso de clausura correu a cargo do coordinador da biblioteca do CEP Lois Tobío, Iván Suárez.

O Coro do colexio, dirixido por Marta Pérez, levou a cabo o programa "A PALABRA FEITA MÚSICA, Contos e poemas musicados".

  • Os fabóns máxicos (conto de Hans Christian Andersen)
  • O Xigante Seisdedos (conto popular)
  • O frautista de Hamelin (conto dos irmáns Grimm)
  • Esta non é outra historia de piratas (baseado no conto de María Rolle con música de Marta Pérez)
  • Paseniño, paseniño (poema de Rosalía de Castro e música de Marta Pérez)
  • Salve, Bandeira! (poema de Florencio Delgado Gurriarán e música de Marta Pérez)

Despois do discurso de clausura do profesor Iván Suárez actuou o Grupo de Guitarras do Conservatorio de Música de Viveiro a quen lle agradecemos a súa colaboración, moitas gracias!.





13/5/22

4ª XORNADA: CEP LOIS TOBÍO

O xoves, 12 de maio, chegamos á 4ª xornada da Exposición "A voltas coas palabras".

É a quenda do CEP LOIS TOBÍO que presenta a seguinte Actividade dinamizadora:

  •  Conto “Maruxa”, a cargo de Rebeca Palmeiro.
  •  Conto musicado “Nica, a canica”, a cargo do alumnado de 1º de EP



 

12/5/22

3ªXORNADA: IES MARÍA SARMIENTO

Na tarde do mércores, 11 de maio, a Exposición "A VOLTAS COAS PALABRAS" volveu abrir e foron moitos os que se achegaron para ver os traballos realizados.

 

O alumnado do IES MARÍA SARMIENTO presentu o "DÍARIO DO SARMIENTO", a radio contra o acoso escolar e que forma parte do Proxecto AMIGO. A súa idea é por a andar unha radio na que todas as persoas que necesiten axuda podan contar con eles.



 

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO



11/5/22

2ª XORNADA: CEIP PLURILINGÜE DE COVAS

O martes, 10 de maio, foi a quenda da BIBLIOCOVAS dentro da Actividade Dinamizadora da Exposición "A voltas coas palabras" da Microrrede Plambe da Mariña.

Os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria representaron "Non é unha caixa" , unha historia que nos amosa que o xoguete máis importante é a imaxinación.

Fixérono xenial!!!!!!

Aquí vos deixamos o vídeo para que o disfrutedes....


 

10/5/22

INAUGURACIÓN "A VOLTAS COAS PALABRAS"

 Na tarde do luns, 9 de maio, realizamos o acto inaugural da Esposición Conxunta "A Voltas coas Palabras".

Representantes dos centros educativos participantes, inspectores de educación, autoridades (alcaldesa, María Loureiro e Xefa Territorial de Educación, Mariña Gueimunde), a nosa asesora das bibliotecas (Chelo Guntín) e facendo a función de Mestra de Ceremonias Karina Parga; con gran ledicia pola volta á normalidade, demos por inaugurada a  convocatoria número 11 da MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA.

Nesta primeira xornada contamos co  xornalista, escritor e contador de historias, Pablo J. Rañales, quen fixo unha significativa reflexión sobre as palabras.
Tivemos tamén a ctuación musical de Amigos do folk, grupo de gaitas do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.

No seguinte vídeo podemos ver un resumo do acto.



7/5/22

MONTAXE DA EXPOSICIÓN venres 6 maio

 Na tarde do venres, 6 de maio, as compoñentes e compoñente da MICRORREDE A MARIÑA fixemos a montaxe da Exposición Conxunta. Este ano foi máis sinxela que en cursos anteriores, pois toda a información dos traballos realizados están nos códigos Qr que leva cada cadro.

Son un total de 14 traballos moi orixinais e realizados con diferentes técnicas.

Convidávosmos a visitar a exposición:



5/5/22

PROGRAMA DE ACTOS

LUNS 09/05/2022
ACTO DE INAUGURACIÓN
18:30h
. Discurso inaugural.
. Faladoiro co xornalista, escritor e contador de historias, Pablo J. Rañales.
Presentará o seu libro “Siervos de tinta”, de Valhalla Ediciones.
. Actuación musical de Amigos do folk, grupo de gaitas do Conservatorio
Profesional de Música de Viveiro.

MARTES 10/05/2022
18:00h
. Actividade dinamizadora do CEIP de Covas:
- Representación "Non é unha caixa", a cargo do alumnado de 1° EP.

MÉRCORES 11/05/2022
18:00h
. Actividade dinamizadora do IES María Sarmiento de Viveiro:
- Presentación do Diario do Sarmiento (radio contra o acoso escolar) e
do podcast Las Grandiosas Tigresas Barbudas.

XOVES 12/05/2022
18:00h
. Actividade dinamizadora do CEP Lois Tobío de Viveiro:
- Contaconto “A biblioteca ten a palabra”, a cargo de Rebeca Palmeiro.
- Conto musicado “Nica, a canica”, a cargo do alumnado de 1o EP.

VENRES 13/05/2022
ACTO DE CLAUSURA
18:00h
. Discurso de clausura.
. Actividade dinamizadora do CEIP de Celeiro:
- Coral “A palabra feita música”.
. Actuación musical da Orquestra de guitarras do Conservatorio Profesional de
Música de Viveiro.

CONTIDO DA EXPOSICIÓN:

EEI SAN ROQUE (Viveiro) : “Paisaxe en palabras”, somos unha parte máis da paisaxe
que habitamos e as nosas palabras o definen.
CEP LOIS TOBÍO (Viveiro) : “As verbas traen lembranzas”, os nosos maiores
cóntannos que palabras lles traen recordos da súa nenez e porque.
CEIP de CELEIRO (Celeiro-Viveiro) : “Cardume de peixes”, PDI Coñecemos Celeiro.
CEIP Plurilingüe de COVAS (Covas-Viveiro) : “Tecendo camiños”, as nosas avoas e
avós cóntannos como se desprazaban e como xogaban cando eran nenas e nenos.
CEIP Plurilingüe SANTA RITA (Galdo-Viveiro) : “25 anos apegados ao noso”, mosaico
do noso patio, pedagoxía verde.
CEIP Plurilingüe PEDRO CASELLES ROLLÁN (Xove) : “O mar que nos fala”, oficios e
poemas do mar.
CEIP de CERVO (Cervo) : “BiblioCervo toma a palabra: mens sana in corpore sano”,
nutrimos a mente, coidamos o corpo e protexemos o medio que nos rodea.
CEIP Plurilingüe VISTA ALEGRE (Burela) : “Seres mitolóxicos das fragas galegas”,
seres mitolóxicos típicos dos montes galegos.
CEIP GREGORIO SANZ (Ribadeo): “Viaxando polo mundo con contos e lendas”,
recompilación de contos e lendas tradicionais do mundo contadas polas familias do
alumnado.
IES MARÍA SARMIENTO (Viveiro) : “Somos emigrantes”, mapa mundi con entrevistas
a persoas migrantes da nosa familia.
IES VILAR PONTE (Viveiro) : “Dende Viveiro para o mundo”, colección de lendas
representativas dos lugares de orixe do alumnado do centro.
IES PERDOURO (Burela) : “O son da memoria”, Memoria fotográfica, historias da
vida entre os anos 50 e 70; a oralidade dos trobadores e xograres.
IES MONTE CASTELO (Burela) : “Xogamos. Antes e agora”, entrevistas a maiores
sobre os xogos e xoguetes de cando eran novos.
EOI de RIBADEO (Ribadeo) : “A voltas coas palabras”, espiral de palabras
inspiradoras multilingüe.


CARTEL DO PROXECTO

Presentamos o cartel que foi realizado por Izan Fra Fernández, alumno de 2º de BACHARELATO de Artes no IES Monte Castelo de Burela.

 Un traballo excelente polo que lle queremos transmitir os nosos parabéns.