O xoves, 5 de novembro, 6 centros da MICRORREDE A MARIÑA (as coordinadoras dos demais centros tiñan cursos ou outras ocupacións), conectáronse vía videoconferencia para realizar unha reunión de comezo do curso e que cremos foi moi produtiva dadas as circunstancias tan especiais que estamos a vivir pola COVID-19.
Non queremos que esta pandemia nos achante e seguiremos coa ilusión de sempre traballando porque a MICRORREDE debe continuar (The show must go on!) en prol da lectura.
Acordos tomados:
O título da proposta da Asesoría de Bibliotecas Escolares, XEOGRAFÍAS LECTORAS, vennos moi ben porque cada centro ubícase nun sitio distinto da Mariña, coas súas características ben diferenciadas e cada un cunha proposta distinta relacionada coa lectura.
Cada centro dentro do seu proxecto poderia compartir o produto ou a evolución dese proxecto cos demais (por exemplo nos centros de Galdo e Lois Tobío o proxecto está relacionado co Camiño do Mar, no de Covas sobre a alimentación saudable...)
Proponse por exemplo facer un collage coas lecturas deste curso empregando algunha aplicación tipo genial.ly, facer liñas do tempo, videos, presentacións, audios, cancións...(o formato empregado é libre en cada centro educativo).
Produtos finais:
Exposición virtual : unha presentación dos proxectos nos que traballamos durante o curso para compartir cos outros coles, para aprender uns doutros, que os nenos e nenas vexan as actividades doutros centros e visibilizar o traballo que facemos que é moito.
Medio empregado: videoconferencias entre centros.
Hai que aclarar que non poderemos facer as exposicións en común con todos os outros centros porque sería inviable polo tempo pero si organizar grupos de dous ou tres centros.
Elaboraríamos unha tabla cos horarios para apuntarse os diferentes centros nos que nos apuntaríamos explicando brevemente o proxecto no que traballamos.
Propuxemos facer un proxecto musical tamén (unha canción entre tod@s), versionar algún tema ou facer un propio.