Na tarde do xoves, 23 de xaneiro, na EEI San Roque de Viveiro, reunímonos novamente acompañados pola Asesora das Bibliotecas Escolares de Galicia, Chelo Gundín, para concretar todos os temas relacionados coa novena convocatoria da EXPOSICIÓN DA MICRORREDE A MARIÑA.
- O títula da mesma será:
"Cidadá(n)s da Mariña, Cidadá(n)s do mundo"
- Os días: Do 11 ao 14 de maio
- Salas: Multiusos do Concello de Viveiro e Sala Exposicións da Biblioteca Municipal e outras actividades no Teatro Pastor Díaz.
- Como actividades dinamizadoras contaremos con autores recoñecidos, contacontos, Música a través do Conservatorio de Música, Teatro de Asociacións Locais, Música Galega e moi probablemente a Radio na Biblio estará tamén presente.
- Tamén se concretaron os diferentes temas e traballos a presentar por cada centro. A variedade dos mesmos está garantida e a súa presentación seguro que tamén vai gustar moito.
Nas xornadas que terán lugar en Santiago, os días 12 e 13 de marzo, teremos outra posta en común. Ilusión non nos falta!