Páginas

27/3/15

Nova convocatoria do traballo colaborativo das bibliotecas escolares da Mariña

Para este curso 2014-2015, e despois de moitas reunións e deliberacións das coordinadoras e equipos das bibliotecas escolares, propoñemos:

“O REFRANEIRO DE CERVO A VIVEIRO”


Esta actividade ten como obxectivo a posta en valor da TRADICIÓN ORAL E POPULAR.

A tradición oral transmite valores que explican a importancia e a necesidade que ten o home de vivir en sociedade, ensinando a respectar e comprender os seus propios estilos de vida e outros distintos.

Trátase de fomentar a comunicación e o diálogo entre a familia e o seu fillo-a, traballando sobre os diferentes refráns  que coñecen, para despois pensar nun en concreto e a ser posible que se utilice na nosa zona.

Por iso enviámosvos o folio para que escribades un refrán en galego e o acompañedes dunha ilustración ou obra plástica a realizar con técnicas libres (collage, debuxo, manualidades…).